Usuário convidado
20 de março de 2024
Fomos co IMSERSO e pasamos nove días estupendos. Tivemos sorte coa habitación, alta e nun curruncho, cunha vista preciosa ao Mar Menor; poucas selas e sitio para deixar cousas e roupa; cama grande e cómoda. O hotel algo antigo, pero reformado, con poucos elevadores para tanta xente; ben situado, con saída directa a unha recollida praia do Mar Menor e a 5 minutos do Mediterraneo; a un paso dunha parada de taxis e preto da de buses. No almorzo sempre churros, o zume de laranxa e o café de máquina aceptabéis. A comida e a cea bastante variada, que repoñían seguido; os guisos moi ben cociñados e variados; variedade de carne, menos de peixe, tamén moitas sobremesas doces e aceptábel a froita. Os camareiros moi atentos, as veces poucos para tanta xente. Os animadores simpáticos e entretidos, con actividades variadas. As limpadoras moi profesionais. Os recepcionistas correctos. O médico e a enfermeira magníficos, moi atentos e porfesionais. Cobran por usar a piscina cuberta, a exterior e a zona de solarium estaban pechados.